Logotipo librería Marcial Pons
Para unha escriptoloxía do Galego

Para unha escriptoloxía do Galego
edición e estudo escrptolóxico do Tombo do Hospital dos Pobres de Ti¡ui (1436-1490)

  • ISBN: 9788495892379
  • Editorial: Fundación Pedro Barrié de la Maza
  • Lugar de la edición: A Coruña. España
  • Colección: Biblioteca Filolóxica Galega
  • Encuadernación: Rústica
  • Medidas: 24 cm
  • Nº Pág.: 399
  • Idiomas: Gallego

Papel: Rústica
29,00 €
Sin Stock. Disponible en 7/10 días.

Resumen

Este traballo consta de tres partes ben definidas na introdución: a edición dos corenta e seis documentos escritos en lingua galega que integran o Tombo do hospital dos pobres de Tui (1436-1490); un estudo escriptolóxico destes documentos para o que se elaboraron 278 táboas que recollen as distintas variantes e tendencias gráficas dos cinco notarios e escribáns que actuaron no citados documentos; e finalmente un reducido vocabulario formado polos elementos léxicos que non están recollidos na lexicografía anterior. Na introdución faise referencia aos estudos pioneiros da escriptoloxía de Louis Remacle, Theodor Gossen, Hans Goebl e Antonij Dees. Por tratarse dunha obra rematada antes de 1998 non ten presente os últimos estudos escriptolóxicos e criterios de edición dos profesores alemáns Günter Holtus ou Harald Völker. Na conclusión recóllense as características máis importantes da escrita do Tombo do hospital dos pobres de Tui e tamén se indican algunhas causas ou posibles explicacións das variantes gráficas presentes nesta colección de documentos galegos do século XV. Faise mención especial da modernidade desta grafía medieval galega marcada pola tendencia a usar o criterio fonolóxico e irse liberando do criterio etimolóxico. Sorprende que tratándose de textos do século XV datados na cidade fronteiriza de Tui o uso dos dígrafos e , xa normais na escrita portuguesa, teñan tan pouca presenza nestes documentos. O fonemas palatais galegos xa se representaban con normalidade polos grafemas <ñ> ou e polo dígrafo ou simplemente por . Proponse unha xustificación do uso destes grafemas galegos partindo da evolución interna da escrita galega sen ter que acudir á influencia castelá para explicar a súa presenza nos texto galegos. Remata o traballo cun apéndice léxico que recolle algunha información sobre as palabras como «adel», «burdidãa», «quibulio» ou «treez», documentadas neste tombo e que non aparecen na lexicografía galega ou palabras das que se pode dar un novo dato cron

Resumen

Utilizamos cookies propias y de terceros para mejorar nuestros servicios y facilitar la navegación. Si continúa navegando consideramos que acepta su uso.

aceptar más información